Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Guns 'n' Rose's

Invitan a un neno de 10 anos a tocar cunha banda de rock e lles rouba todolo protagonismo cún clásico de Guns 'n' Roses

 Un neno de 10 anos chamado Jake Collison foi o gran protagonista do Painshill Festival (Reino Unido). Tranquilamente estaba vendo o concerto da banda RPJ cunha pancarta que dicía: "Déixame tocar a guitarra contigo." Os soños de Jake fixéronse realidade e poucos segundos despois estaría tocando un dos maiores clásicos do rock ante o fervor dunha audiencia entregada. Unha das mellores cancións do xénero clásico. Foi un movemento arriscado para Rick Parfitt Junior, o líder de RPJ, facer subir ao escenario a un neno de 10 anos. O primeiro que fixo foi preguntarlle pola súa banda favorita. Jake tíñao moi claro: "O meu grupo favorito é Guns 'n' Roses e gustaríame tocar Sweet Child of Mine", dixo. Delirio. Minutos despois, os máis de 5.000 espectadores presentes quedarían coa boca aberta, ao ver a un neno cravar un dos solos máis épicos da historia do rock coma se fose o célebre Slash. Reacción. Un día despois do concerto, o líder da banda utilizou as redes sociai