Segundo Sam Altman, o GPT-4 é con diferenzas o modelo mais parvo, comparado con que está por vir

Sam Altman CEO de OpenAI

 Sam Altman, CEO de OpenAI, espera modelos de IA moito máis potentes que GPT-4 no futuro. Na súa opinión, GPT-4 é «con diferenza o modelo máis parvo» comparado co que está por vir.

Altman ve nos axentes intelixentes a aplicación asasina dos futuros sistemas de IA. Actuarán como «colegas supercompetentes» que o saben todo sobre a vida dunha persoa e poden realizar tarefas específicas ou suxerir solucións a problemas máis complexos.

O GPT-5 xa está en fase de desenvolvemento e sairá ao mercado como moi pronto a mediados deste ano. Dise que será moito mellor que GPT-4. Rumoréase que GPT-5 será compatible con vídeo, ademais de texto e imaxes.

Comentarios

Publicacións populares